Česká centra, Czech Centres

Česká centra / Czech centres - logo

About us in Media

Chega a ópera que consolou aos nenos nos campos nazis

atlantico.net, 10. 12. 2016

O obra infantil “Brundibár” chegará a Vigo este Nadal de man da Asociación de Amigos da Ópera. O seu compositor, o xudeu checo-alemán Hans Krása, compúxoa en 1938, pero a invasión nazi de Polonia impediu a súa estrea, até o inverno de 1942, nun orfanato de Praga. Deportado ao campo de concentración de Terezín con outros intelectuais xudeus da época, representouna alí en 55 ocasións para entreter aos nenos prisioneiros e que conseguisen facer voar a súa imaxinación. Á súa representación en Vigo, o 18 de decembro, asistirá unha destas rapazas, das poucas que sobreviviu ao holocausto nazi. Represéntase co libreto de Adolf Hoffmeister traducido ao galego por Katerina Vlasakova, da Universidade de Santiago de Compostela, coa colaboración da embaixada da República Checa en Madrid. Esta produción é unha colaboración da Asociación de Amigos da Ópera de Vigo coa súa homóloga de Santiago, onde será representada o día anterior. 
A Fernando Reyes e Cándido Pazó encargáronse da adaptación musical. Pazó tamén se fixo cargo da dirección de escena e dun monólogo introductorio. A Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela, dirixida por José Luís Vázquez López, porá as voces e, a Orquestra Praeludium, a música, baixo a batuta de Mateo Igrexas Seoane.
Esta ópera conta a historia de dous irmáns que necesitan mercar leite para a súa nai enferma, pero non teñen diñeiro. Para conseguilo, deciden imitar a Brundibár, o oganilleiro do pobo, pero este bótaos fóra da praza. Un gorrión, un gato, un can e o resto dos nenos axudaranos a logralo. Os menores de Terezín interpretaron estes personaxes máis de medio cento de veces.

Fuente