About us in Media
12 mundos: ilustradores de literatura checa contemporánea para nenos

ocio.laopinioncoruna.es, 18.5.2018
Organizada polo Centro Checo de Madrid.
A biblioteca cede o espazo ao Centro Checo de Madrid para mostrar a obra de 12 ilustradores e ilustradoras checas de literatura infantil. Cada un deles representa unha forma de expresión propia manifestada en numerosas publicacións que mostran o amplo recoñecemento que obtiveron por parte da crítica e dos lectores.
Esta exposición enmárcase na celebración dos 30 anos de lingua e cultura checas no Instituto de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela que, na actualidade, é o Centro de Linguas Modernas da USC.
No vestíbulo da biblioteca, pode visitarse durante o horario de apertura.